‘Contamos todos’. Obradoiro de contacontos para familias

70

Lugar: Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Hora: de 18 a 20 h.

Actividade de balde previa inscrición

 

Obradoiro de contacontos para familias co gallo do 'Día das Bibliotecas', a cargo de Amalia Pérez Otero, no que se analizarán os aspectos positivos da lectura e dos libros na casa, veremos os que a literatura actual nos ofrece no tocante aos libros para nenos. Aprenderemos dun xeito divertido a contar e inventar contos aos fillos coa finalidade de que sexa un momento de encontro entre eles e os pais, asemade, fomentar o gusto pola lectura.

 

Inscrición a partir do 15 de outubro (20 prazas).