O novos rostros do Tíbet

65

Lugar: Sexto Edificio do Museo. Rua Padre Amoedo, 3

Horario: de martes a venres, de 17 a 21 h. Sábados, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

 

Os novos rostros do Tibet é un proxecto pictórico da artista pontevedresa Andrea López Iglesias no que, máis alá dunha vontade estética, hai un esforzo por mostrar, a través dos seus lenzos, as realidades contidas neles. O proxecto está formado por catorce retratos de catorce rostros infantís, onde se esconden os relatos de catorce familias tibetanas exiliadas en Nepal. Así, o retrato visibiliza un relato que é, á súa vez, reivindicado polo propio lenzo: cada narración está escrita en tibetano, a súa lingua orixinal, no reverso da obra.