Circo. ‘Princesa dos nenos’ de Payasolandia

40

Lugar: Teatro Principal

Hora: 19:30 h

Prezo: 10 €. Entradas á venda na billeteira dende 1 hora antes da función

 

Novo espectáculo de Payasolandia, onde o mundo animado está revolucionado. Un dos seus personaxes do reino da alegría odia a felicidade dos demais, a música e o ruído, e aparece en Payasolandia, un pletórico espectáculo cheo de luz, colorido e sorprendentes emocións, para roubarlle a voz á princesa dos nenos e así rematar coa felicidade do reino. Entre audaces malabaristas, asombrosos magos ilusionistas, espectaculares números de hula-hop e os mellores pallasos da actualidade, o noso divertido e malvado monstro intentará conseguir a súa pero o destino dun pallaso quererá que todo teña final feliz e que Marilyn volva ser a "Princesa dos nenos”.