A asociación de veciños Eduardo Pondal conmemora o seu XX aniversario

58

A Asociación Veciñal Eduardo Pondal, en colaboración co Concello de Pontevedra, organiza esta fin de semana dous concertos que forman parte do programa da conmemoración do XX aniversario da asociación. Os concertos celebraránse o venres 28 e o sábado 29 de setembro na Praza da Curtidoira, situada á beira do local social do Gorgullón.

A programación do aniversario inclúe cursos, conferencias, exposicións, concertos, etc. ademais das tradicionais celebración do magosto e do San Xoán, que este ano teñen unha dimensión especial.

No curso da presentación destas actividades esta mañá, o concelleiro da área urbana, Luís Bará, destacou o labor de dinamización e cohesión do barrio que realiza a entidade veciñal e puxo de relevo o cambio que se produciu coa entrada en funcionamento do local social do Gorgullón, de cuxa xestión e programación se encarga o colectivo.

Por parte da asociación, Victoria Fernández Montoto informou dos concertos que van ter lugar esta fin de semana:

    Venres 28 de setembro ás 20.30 horas na praza da Curtidoira: A MÁQUINA DE METER MEDO
. Un grupo irmán -conceptualmente- do Proxecto Trépia, no que conflúen  pezas para zanfona (desde repertorio medieval europeo a pezas provintes incluso doutras tradicións) e repertorio vocal peninsular, aportandolle novos recursos (na percusión, por exemplo) pero mantendo unha óptica local, máis "nosa". O repertorio muda de carácter coas aportacións de novos usos instrumentais, os temas trocan mediante o xogo de deconstrución dos seus elementos, ou son interpretados con formacións instrumentais pouco usuais, ou totalmente distintas ás das versións "tradicionais".

    Sábado 29 de setembro ás 20.30 h na Praza da Curtidoira. Actuación das corais O Chopo e Coro do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra