A licitación a mellora da seguridade viaria na Ponte dos Tirantes

50

A comisión de Infraestruturas aprobou hoxe o proxecto de eliminación de barreiras arquitectónicas e de mellora da seguridade viaria na ponte dos Tirantes, especialmente na rotonda que reparte o tráfico na entrada da ponte.

Con este trámite sairá a licitación o proxecto que implica a ampliación do paseo peonil no río Lérez, ampliar o carril bici pola ponte dos Tirantes eliminando un carril de tráfico de saída á cidade que se gañará para o tránsito peonil e o ciclista.