Comezan os traballos de acondicionamento e mantemento do Pazo, do Recinto e do Teatro Principal

49

Hoxe comezaron os traballos de acondicionamento e mantemento das instalacións do Pazo da Cultura e do Teatro Principal, coas obras de instalación dos marcos exteriores de aluminio das cristeiras do Recinto Feiral, e o seu pintado interior. É un dos traballos máis urxentes dunha carteira de obras necesarias para manter en perfectas condicións de uso e disfrute o Pazo e o Teatro Principal.

Todas as obras programadas dende aquí até final de ano están valoradas en case 310.000 euros e con eles acometerase o pintado dos interiores do Pazo e do Teatro; reforzo dos equipos de emerxencia das dúas sedes; mellora dos sistemas de antiincendios; mellora da fontanería do Pazo; obras no sistema de climatización, entre outros traballos.

As melloras iranse facendo en coordinación coas programacións do Pazo, do Recinto e do Teatro, pero estarán rematadas a final de ano.

O presidente do Ente autónomo Pazo da Cultura, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou no seu día que “que non podiamos esperar moito máis, xa que son obras imprescindibles que permitirán, ademais, inxectar liquidez nas arcas do concello e contribuír á economía local".