Lugar: Saída das Ruínas de San Domingos
Horario: sábados e domingos, ás 11:30 h.
Percorridos guiados polos edificios do Museo de Pontevedra (duración 2 horas). Esta atividade está pensada para aproximar tanto aos habitantes de Pontevedra, como a aqueles que visiten a cidade desde calquera punto, como unha primeira aproximación ao coñecemento do noso Museo, que poderá complementarse con visitas máis específicas orientadas a coñecer máis polo miúdo as súas coleccións.
A participación é de balde previa inscrición no propio Museo, chamando ao teléfono 986 804 100 ext. 42413, ou enviando un correo electrónico a gabinetedidactico.museo@depo.es