Concerto a cargo de ‘Querido extraño y sus compinches’

39

Lugar: Pequeño Karma

Hora: 22:30 h.

Entrada de balde

 

Concerto a cargo do grupo 'Querido extraño y sus compinches' na Sala Karma ( r/ Charino, 29). Apertura de portas ás 20 h.

 

'Querido extraño' é o alter ego de Rusty James, alter ego á súa vez de A. Delgado, baixista de «Os Viláns de Boraville», e cantante e guitarrista de «Dobre Morgan». Neste personaxe conflúen os estilos que sempre lle influíron (50's, 60's, 70's, Rock, Country, Swamp, Surf, Pop, Folk, Blues…) pasados polo seu filtro persoal e presentados en directo en formato acústico, axudado simplemente de guitarra, harmónica, e toneladas de paixón, abordando temáticas fronteirizas, bíblicas, románticas, terroríficas e mortuorias. ¡ A vida mesma, imos!!. Todo dende o punto de vista do eterno adolescente.