Leverelem …das artes da fala

70

Lugar: Teatro Principal

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 3 € (1 hora antes no despacho de billetes do Teatro Principal)

 

O Leverelem é o primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con  música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.

 

Noite de variedades > Presenta e conduce Quico Cadaval

 

Un espectáculo de variedades en torno á oralidade, en clave de humor, animada por comendiantes, cantantes e músico. Na noite iranse exhibindo xéneros vinculados á oralidade. Unha viaxe polos diferentes xeitos de usar a lingua para comunicarse co público, divertilo, informalo… dende a tradición até a contemporaneidade.

 

Coas actuacións de: Chévere, Cabraret, Paula Carballeira, Triateros, Marián Bañobre, Pel de Noz.

 

Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e a arte vocal dun xeito aberto para toda a cidadanía de todas as idades, condicións e estados de ánimo. Ademáis haberá actuacións sorpresa de animación e promoción do festival nas rúas da zona vella previas aos espectáculos no teatro a partir das 19 h.

 

En positivo e en galego. Máis de 25 artistas galegos con propostas creadas especialmente para este festival que pretende condensar algunhas das tendencias actuais sobre as artes orais e con vocación de manterse no calendario de actividades da capital do Lérez, referente cultural dentro e fóra da Galicia.