Presentación do vinilo Galician Bizarre II

72

Lugar: Pequeño Karma

Hora: 22:30 h

Entrada de balde

 

Concerto presentación do segundo volume do vinilo Galician Bizarre, a cargo de Sr. Anido + Tora! Tora! Tora!, no Pequeño Karma (r/ Charino, 29).

 

Galician Bizarre non é nin pretende ser unha escena musical, nin unha asociación, nin unha empresa de xestión musical. Desde o máis absoluto underground xuntámonos periodicamente artistas das diferentes bandas galegas coa etiqueta bizarre, para sacar discos e facer concertos dos grupos do país que máis nos fan vibrar dentro dunha ampla gama de estilos pero cun trasfondo similar: galegos e bizarros. Somos xente que comparte experiencias musicais no mesmo lugar, na mesma época e con certa tendencia cara ao bruterío musical.

 

O Galician Bizarre II é un disco compilatorio de 16 cancións inéditas compostas e interpretadas por 16 bandas galegas: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol), Carrero Bianco (Ferrol), Fantasmage (Vigo), Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe), Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).

 

É a segunda entrega Galician Bizarre e unha das súas características é que non recunca ningunha das bandas que participaron na primeira, de 2010. O financiamento do disco levouse ao cabo mediante un sistema de micropatrocinio, polo que todos os discos foron vendidos de xeito anticipado á súa fabricación para poder financiar a iniciativa.