Programa cursos Outubro/Decembro do Centro de Información á Muller. Dirixidos a mulleres a excepción do curso de Cociña que é de modalidade mixta (homes/mulleres).
Estes cursos están enmarcados en cada unha das áreas do II Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra.
• Na área de conciliación e corresponsabilidade: cociña 20 prazas (mixto).
• Na área de empoderamento e participación social (20 prazas por curso):
· 1 curso de teatro no que se traballará e potenciará a autoestima
· 1 curso de electricidade
· 1 curso de fontanería
· 1 curso de cultivo en terrazas
• Na área de formación (18 prazas por curso):
· 1 curso de iniciación á informática
· 1 curso de perfeccionamento de informática
· 1 curso de picasa (xestión de fotografía)
• Na área de mercado laboral:
· 1 curso de búsqueda de emprego PC para mulleres (18 prazas)
• Na área de saúde biopsicosocial:
· 2 cursos de ioga (iniciación e perfeccionamento): 20 pazas para cada un deles
Formas de inscrición:
· Nas oficinas do CIM (horario de recollida de inscrición de 10:00h a 13:00h) no “Chalé de Fontoira”, Rúa Xofre de Tenorio, 1. 36001- Pontevedra
· No teléfono 986 86 48 25
· Mediante correo electrónico dirixido a: igualdade@concellopontevedra.es
Documentación:
· Para todos os cursos: solicitude debidamente cuberta, volante de empadroamento actualizado, expedido polo Padrón Municipal, fotocopia do NIF e declaración xurada de non ter realizado o mesmo curso ou un curso de similares características co CIM nos últimos dous anos.
· Para os cursos de INFORMÁTICA a maiores, poderáse facer proba de coñecementos que facilitará o CIM.
· Para o curso de “Búsqueda de emprego PC”, ademáis a tarxeta de demanda de emprego actualizada.
Ver cuadro de cursos no documento adxunto: