Ábrese o prazo para solicitar local no Centro de Iniciativas Empresariais da rúa de Santa Clara

37


Pontevedra, 1 de outubro de 2012
Os emprendedores pontevedreses dispoñen de 15 días para presentar as súas solicitudes para entrar no Centro de Iniciativas Empresariais que a Concellería de Promoción Económica está a piques de abrir nas instalacións da rúa de Santa Clara, número 4.
A concelleira Carlota Román considera que trátase dunha ferramenta moi interesante que deben aproveitar as novas empresas da cidade, pois ademais dun local, os emprendedores terán a súa disposición servizos de asesoramento e espazos comúns que lles permitirán incrementar as posibilidades de éxito do negocio.
Román explicou que cando hai pouco máis dun ano fíxose cargo da Concellería de Promoción Económica e Turismo, unha das súas primeiras decisións foi a centralización de todos os servizos administrativos na Casa da Luz.
A situación económica actual, recalcou a edil socialista, aconsella apostar forte polo viveiro. Engadiu que trátase dunha cuestión de coherencia coa liña política do Goberno local. Nace así o terceiro viveiro da cidade (súmase aos da Cámara de Comercio e o que acaba de estrear a “Asociación de Jóvenes Empresarios”).
As bases da convocatoria están dispoñibles no número de hoxe do Boletín Oficial da Provincia. Tamén poden consultarse no último número do boletín de emprego que edita a Concellería “PonteEmprego”.
O primeiro “viveiro” municipal de empresas consta de unha sala de xuntas e seis módulos para os despachos dos emprendedores.

DATOS DO ANUNCIO


Prazo: Ata o próximo día 16 deste mes de outubro.
Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra. Tamén poderán presentarse proposicións por correo.
 
Documentación a incluír nas solicitudes

  1. Solicitude
  2. Curriculum do/s profesional/ais ou solicitantes
  3. Memoria descritiva da actividade
  4. Estudo económico-financeiro sobre a implantación e funcionamento da actividade
  5. Cronograma de posta en funcionamento.
  6. Creación de número de postos de traballo necesarios (duración, xornada, cualificación profesional).
  7. Indicación de tecnoloxía e sistemas de produción a empregar.
  8. Descrición do produto ou servizo obxecto de venda ou prestación.
  9. 9.  Asentamento da actividade: condicións físicas, técnicas, medioambientais esixíbeis e superficie necesaria, indicación de instalacións complementarias.
  10. Plan de promoción do proxecto.
  11. Especificación do réxime tributario e da seguridade social, aplicables.
  12. Fotocopia do DNI para os empresarios individuais, pasaporte ou documento que os substitúa.
  13. Escrituras constitución.
  14. Apoderamento.

 
Criterios de selección

  1. Proxectos empresariais en actividades económicas emerxentes e xeradoras de novas fontes e posibilidades de emprego, actividades económicas aos novos nichos ou xacementos de emprego. Hasta 30 puntos.
  2. Proxectos empresariais promovidos por titulados recentes que pretenden aplicar os seus coñecementos a actividade produtiva, cun máximo de 25 puntos.
  3. Creación dun maior número de postos de traballo de duración indefinida, con prioridade dos de maior duración no suposto de contratos de duración determinada, cun máximo de 20 puntos
  4. Maior dinamización no sector económico do Concello, pola xeración de postos de traballo indirectos e/ou doutras actividades complementarias, cun máximo de 15 puntos.
  5. Carácter innovador da actividade a desenvolver. Máximo de 10 puntos.
  6. Demanda de maior capacitación profesional dos postos de traballo cun máximo de seis puntos:
  7. Pola necesidade de tutelaxe polo Centro de Iniciativas Empresariais: Ata 4 ptos.
  8. Pola utilización preferente de materias primas autóctonas. Ata 3 ptos.
  9. Pola expectativa de promoción da empresa fóra do municipio de Pontevedra. Ata 2 ptos.
  10. Para o caso de empresas de recente creación, as sinaladas no art. 1.3 destas Bases, valorarase como criterio principal a menor antigüidade da empresa, entendendo por tal o menor prazo desde o comezo da súa actividade. Por este aspecto darase ata 24 ptos, partindo de que o máximo o obtería aquela empresa con menos dun mes de antigüidade á data de remate do prazo para presentar as solicitudes, e o mínimo, 1 pto, a que tivese os dous anos de antigüidade.