Concerto de Joaquín Pascual + Os Amigos dos Músicos

66

Lugar: Liceo Mutante

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 5 € (haberá un número limitado de entradas anticipadas no propio Liceo, a Pega Moura e o Gato Gordo).

 

Concerto a cargo do cantante Joaquín Pascual no Liceo Mutante (r/ Rosalía de Castro, 100), no que presentará o seu último traballo "La Frontera".

 

O nome de Joaquín Pascual fai mención a algunhas das formacións mais recoñecidas da historia da música popular española. Comezando por Surfin' Bichos, pasando por Mercromina e rematando en Travolta, é raro alguén da nosa idade que non cantase, bailase ou ligase con algunha das súas cancións. Nesta ocasión ven a Galiza e quere coñecer a nosa proposta e regalarnos unha noite inesquecible. Presentará o que xa é o seu terceiro disco en solitario coa súa banda.

 

Será acompañado pola formación ourensá Os Amigos dos Músicos, que xa deleitaron ao público do Liceo Mutante co seu delicado folk na aínda palpitante Disquefesta.

 

Toda unha experiencia por un donativo solicitado polos músicos de só 5 euros (recorda que o Liceo é unha entidade sen ánimo de lucro e polo tanto traballan para eles) e só para socios, non olvides o teu carné! Facerse socio é gratis e levarache nada máis que un minuto na porta.