Concurso restrinxido para o mantemento de zonas verdes

52

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá as bases dun concurso restrinxido para o mantemento de distintos espazos verdes da cidade: praza da Liberdade, Vialia, a zona do Castañal… Trátase dun concurso entre centros especiais de emprego pensado para asociacións sen ánimo de lucro que fagan unha labor social, especialmente a formación de traballadores discapacitados.

O importe deste concurso é de 60.500 euros por dous anos.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou rexeitar dous recursos de reposición nas expropiacións dos xulgados da Parda. Son dous recursos sobre o tamaño das leiras. A Xunta de Goberno acordou a súa desestimación porque no primeiro caso xa se fixo un levantamento topográfico da finca e están os lindes perfectamente fixados; e no segundo caso porque a parte que reclama o particular que se inclúa na súa finca, xa é propiedade municipal dende a anterior expropiación para a construción do primeiro edificio xudicial da Parda.