O Concello aforra 64.000 euros en seguros

95

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a prórroga dos contratos de seguros do Concello. Trátase dunha prórroga por un ano e permitirá un aforro do 25% do gasto anual actual, que é de 262.000 euros, segundo informou esta mañá o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.

O Concello ten catro tipos de seguro:

  1. Responsabilidade Civil
  2. Accidentes
  3. Daños materiais
  4. Seguros de vehículos municipais

Por estes catro tipos de seguro o Concello paga ao ano 262.000 euros. Unha negociación realizada polo concelleiro de Réxime Interior, Vicente García Legísima, con AXA e Maphre (os dous seguros cos que hai contratos) permitiu rebaixar á contía a 198.000 euros, o que supón un 25% menos que o pasado ano.