O Concello aproba a sinatura dun novo convenio para a Ponte das Correntes

84

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a sinatura do convenio de colaboración da Alcaldía coa Axencia Galega de Infraestruturas para o pago de 500.000 euros para a Ponte das Correntes. Co compromiso do pago de 542.000 euros para o vindeiro ano.

A Consellería de Infraestruturas asinou un convenio co Concello de Pontevedra para o pago de 3 millóns de euros na construción da Ponte das Correntes. Até o de agora están abonados 1.957.000 euros e están pendentes 1.042.000 euros, dos cales serán pagados 500.000 euros con carácter inmediato logo da sinatura do convenio, e o resto no vindeiro ano.

Soto de estacionamento dos Mirabeles

Na Xunta de Goberno tamén se declarou deserto o proceso de licitación dos sotos de estacionamento do edificio Mirabeles. Esta declaración supón que durante un período dun ano o Concello poderá negociar con todas as persoas ou entidades interesadas na adquisición deste soto. O prezo é de 634.000 euros. Logo dun ano, existirá a obriga de sacar a concurso a venda deste soto.