‘O Coro da Rá’

55

Lugar: Pazo da Cultura

Hora: 21 h.

Prezo da entrada: 8 € / 5 € (estudantes, parados e xubilados). Venda anticipada de entradas en www.servinova.com

 

O Coro da Rá, coro residente da Escola Estudio de Santiago é unha formación vocal de 50 compoñentes que conta con 19 anos de historia. Ao longo da súa traxectoria ofreceu as súas versións a capella de famosos temas da historia do soul, do rock, do pop, do jazz ou da música brasileira. Fixo multitude de aparicións en televisión, grandes teatros, e tamén nas rúas de toda Galicia facendo flash mobs e loucuras de todo tipo.

 

Participou en spots publicitarios, e gravou un cd: Fráxil. Agora, e Baixo a dirección de Ramón Bermejo, presenta o seu novo espectáculo titulado “Non nos importa a fama!”, estreado no Salón Teatro de Santiago, no que se ofrece un renovado repertorio de cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas de Queen, Frank Zappa ou Earth, Wind and Fire, cunha coidada posta en escea e un plantel de excelentes solistas. O espectáculo, dunha duración aproximada de 1 h., está deseñado para, a través da música, alegrar os corazóns e loitar contra a desesperanza