Aposta pola produción propia no programa cultural do último trimestre do ano

44

Esta mañá a concelleira de Cultura Anxos Riveiro, presentou, acompañada de Mercedes Suárez, directora do Centro Coreográfico Galego Javier Viceiro e Ignacio García (director e presidente da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra) e Luis Costa (CMUS Manuel Quiroga) a programación musical para os meses de outubro a decembro de 2012.

  Será Miguel Conejo, “Leiva” que abra o xoves 25 de outubro a oferta musical para o derradeiro trimestre deste ano, achegando ao Teatro Principal o seu primeiro disco en solitario “Diciembre” nun concerto acústico ao que non poden deixar de asistir aqueles que queran gozar da emoción que transmite en directo.
As entradas están á venda anticipada dende hoxe mesmo en www.ticketmaster.es a un prezo de 20€ máis xestión. 24€ na billeteira do Teatro. Promove Sweet Nocturna.

“O coro da Rá” subirase ao escenario do Pazo da Cultura o venres 26 de outubro. Esta formación, Coro residente da Escola Estudio de Santiago, con case 20 anos de historia, versionando a capela, participando en spots publicitarios, etc, presenta o seu novo espectáculo “Non nos importa a fama”.
Venda anticipada de entradas dende hoxe en www.servinova.com a un prezo de 8 euros. 5 euros estudantes, parados e xubilados.

O Sábado 9 de novembro, Xoel López trae á nosa cidade o seu traballo máis persoal, cargado de influencias de épocas pasadas. “Atlántico” é, despois dunha trayectoria de moitos anos baixo o pseudónimo de Deluxe e a súa experiencia como “Xoel López y la caravana americana” o primeiro traballo editado baixo o seu nome.
Venda anticipada de entradas en www.ticketmaster.es a un prezo de 20€ máis gastos de xestión. 24€ na billeteira do Teatro. Promove Esmerarte.

 

“Michael Nyman Solo & Cine Opera” aportará a nota máis visual, facendo gozar ao público que o mércores 12 de decembro se achegue ao Pazo da Cultura, non só cos temas máis coñecidos dos seus discos e bandas sonoras (“El piano”, “Gattaca”), senon cas súas pezas de video arte, unha faceta máis descoñecida do artista.
Venda anticipada en www.servinova.com dende hoxe a un prezo de 22€ máis gastos. 25€ na billeteira do Pazo da Cultura. Promove Esmerarte.

Unha parte destacada da programacicón musical, ademáis das actuacións de diferentes agrupacións musicais habituais coma a Banda de Música de Pontevedra, a Banda de Música de Salcedo, etc, conformarana os artistas citados anteriormente e, como parte destacada do programa, as producións propias que o Pazo da Cultura puxo en marcha contado coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o Centro Coreográfico Galego e o CMUS Manuel Quiroga.

Será o venres 28 de decembro cando “O Quebranoces” vexa a luz sobre o escenario do Pazo da Cultura, da man da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, o corpo de baile do Centro Coreográfico Galego que incluirá tamén arredor de 30 rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos, pertencentes a escolas de danza da nosa cidade e nenos e nenas do coro do Conservatorio Profesional Manuel Quiroga.

O tradicional Concerto de Aninovo o día 1 de xaneiro ás 19:00 horas, será este ano un espectáculo tamén inédito con polkas e vals de Strauss, alguna peza “sopresa” e a posta en escena da man do Centro Coreográfico Galego.

Como coincidiron en destacar os asistentes á rolda de prensa, é de agradecer e loubar o esforzo e a iniciativa do Concello de Pontevedra de “empezar a facer cousas de calidade co potencial que temos e exportalas, especialmente en tempos de crise” segundo comentou Luis Costa, representante do CMUS Manuel Quiroga. Dende a Orquestra Filharmónica e o Centro Coreográfico Galego, estiveron de acordo con esta observación e engadiron que é un reto preparar este espectáculo entre as tres formacións e máis aínda traballando con nenos.

Dende o Concello, Anxos Riveiro remarca a súa intención de seguir traballando nesta liña que se comezou o ano pasado con varios espectáculos deseñados para o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, e que foron todo un éxito.
 

Ver documento PDF