III Pontevedra Raid

47

7ª proba da 7ª liga galega de Raids de Aventura. Organiza Club Montañeiros de Pontevedra.

 

Raid de estratexia, onde é tan importante coller balizas como saber cales deixar. Ningún equipo acabou nunca un PontevedraRAID con todas as balizas de carreira.

 

Un Raid de Aventura é un deporte multidisciplinar no que, sobre a base da orientación, o deportista debe progresar nun espazo natural cartografado e onde o corredor xunto co mapa e o compás deberá ir pasando por unha serie de puntos de control (PC's).

 

No percorrido do PontevedRAID, os corredores deberán progresar a través de diferentes medios de locomoción non motorizados: carreira a pé, bicicleta todo terreo (BTT), kaiak, natación e descenso a través de cordas (rappel).

O raid está aberto a todos os niveis de participación: dende os equipos fortes e experimentados que loitarán por gañar a proba realizando o percorrido completo (visitando todos os puntos de control), ata aos equipos que buscan unha forma distinta de pasas o seu tempo de ocio a través do deporte e que non teñen a obriga de visitar todos os PC's.

 

A formación dos equipos será a habitual da Liga Galega, equipos de 3 corredores sen que sexa necesaria a asistencia externa: Aventura 2 +1 (equipos de 2 corredores sempre en carreira e un terceiro que se rota), Elite 3 +0 (os 3 corredores sempre en carreira) e Mixto (onde, polo menos, unha muller realiza mais da metade do percorrido).

 

A cronometraxe e control de PC's realizarase completamente mediante o sistema electrónico SportIdent.