IV edición do Club de Debate

71

 

Está aberta a inscrición para tódolos centros de de ensinanza Secundaria (alumnos/as de 3º e 4º curso da ESO e 1º de Bacharelato) que queiran participar na cuarta edición do Club de Debate organizado pola Concellaría de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra. Como o pasado ano, o gañador da edición de 2013 poderá participar na fase galega que este ano celebrarase no Concello de Santiago de Compostela.

 

Aínda por concretar as datas, a Concellaría de Normalización Lingüística baralla celebrar antes das vacacións de Nadal a xornada de formación para os equipos que se inscriban. E as fases eliminatoria e final desenvolverase entre finais de xaneiro e primeiros de febreiro.

 

O Club de Debate é unha Liga de debate dirixida aos escolares de educación secundaria que contará con fases local, comarcal e galega. A través do Club do debate preténdese incentivar entre os máis novos/as o emprego da lingua, traballar a fluidez comunicativa a través da oratoria ademais de incitar o pensamento crítico e a tolerancia.