Lugar: Teatro Principal
Hora: 21 h.
Prezo: 20 € máis gastos (venda anticipada en www.ticketmaster.es) | 24 € (na billeteira do Teatro). Promove Sweet Nocturna.
Miguel Conejo Torres, "Leiva", coñecido e recoñecido ata agora por ser o cantante e principal compositor do grupo Pereza, achega a Pontevedra o seu primeiro disco en solitario “Diciembre”. Artista carismático con máis de 10 anos de carreira musical ás costas, chico de barrio, vai máis alá da poética e completa musicalidade que o caracteriza coa emoción que transmite sempre dende a súa gorxa.
Os asistentes a este concerto no Teatro Principal poderán gozar nun entorno moito máis íntimo e cercano do seu disco nun formato acústico moi especial cun magnético directo.