O CIM oferta 11 cursos para o último trimestre do ano

85

A Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM) retoma as súas actividades no último trimestre do ano. Oferta 11 cursos con 212 prazas, dirixidos a mulleres empadronadas en Pontevedra, aínda que está incluído un curso de cociña mixto con 10 prazas para mulleres e 10 para homes.

Estes cursos están enmarcados en cada unha das áreas do II Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra.

• Na área de conciliación e corresponsabilidade: cociña 20 prazas (mixto).
• Na área de empoderamento e participación social (20 prazas por curso):

  • o 1 curso de teatro no que se traballará e potenciará a autoestima
  • o 1 curso de electricidade
  • o 1 curso de fontanería
  • o 1 curso de cultivo en terrazas

• Na área de formación (18 prazas por curso):

  • o 1 curso de iniciación á informática
  • o 1 curso de perfeccionamento de informática
  • o 1 curso de picasa (xestión de fotografía).

• Na área de mercado laboral:

  • o 1 curso de búsqueda de emprego PC para mulleres (18 prazas).

• Na área de saúde biopsicosocial:

  • o 2 cursos de ioga (iniciación e perfeccionamento):  20 pazas para cada un deles.

Dende hoxe está aberto o prazo de inscrición nestes cursos. As prazas adxudicaránse tendo en conta os criterios de selección (tanto xeráis coma específicos) que rexen os cursos e demáis actividades que convoca o Centro de Información á Muller e que están a disposición do público no propio CIM, na pranta baixa do Chalé de Fontoira.
 

Ver documento PDF
Ver documento PDF
Ver documento PDF