“Redescúbre-te”, un novo obradoiro do CIM

49

A Concellaría de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza o obradoiro “Redescúbre-te” dirixido a mulleres entre 18 e 35 anos.

O curso comezará o luns, 22 de outubro, e continuará os días 29 de outubro, 5, 12 e 26 de novembro. Impartirase no seminario 2 do Pazo da Cultura entre as 18.00 e as 19.30 horas.

O CIM oferta un máximo de 20 prazas e as persoas interesas poderán dirixirse ao CIM para inscribirse entre o 17 e o 19 de outubro achegando a solicitude, declaración xurada, fotocopia de DNI e volante de empadronamento actualizado.