Programa “Coñece o Museo de Pontevedra”

67

O programa educativo cultural para escolares “Coñece o Museo de Pontevedra” ten a finalidade de achegar aos escolares da provincia de Pontevedra a un centro vivo de cultura, non só polos fondos e obxectos de arte que posúe, senón tamén polo intenso labor que no campo da cultura desenvolve.

As visitas realizaranse dentro do horario de apertura do Museo ao público, entre as 10 e as 21 h, escollendo o Centro entre percorridos de carácter xeral ou visitas temáticas como: “Prehistoria e Arqueoloxía”, “Introdución á historia da pintura”, “O significado das imaxes”, “As salas navais e as descubertas xeográficas, “As ruínas de San Domingos”, etc.

+info. no Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra, rúa Pasantería, 10. Teléfonos: 986 804 100 / 886 210 410 ou a través do mail gabinetedidactico.museo@depo.es