Ábrese o prazo para solicitar espazo no mercado de flores das festividades de Defuntos e Todos os Santos

69

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Mercados pon en coñecemento de todas as persoas interesadas en efectuar a venda de flores na Praza da Ferrería os vindeiros días 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo da celebración das festividades de Defuntos e Todos os Santos, deben proceder a presentar as súas solicitudes.
O prazo estará aberto entre o próximo martes, día 9, e o día 25, deste mes de outubro.
As instancias deben formularse nas oficinas da Concellería, na Casa da Luz (Praza da Verdura), en horario de 8 a 14 horas, de luns a venres. Máis información no teléfono 986 84 85 52.