Complétase a restauración ambiental das avenidas de beiramar co axardinamento da rotonda de Galera

69

O Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra iniciou nestas semanas o axardinamento da rotonda da rúa Galega con avenida de Uruguai, un traballo pendente polas obras da ponte das Correntes. Con esta actuación complétase a restauración do anel verde de beiramar realizada nos últimos meses.

O axardinamento continuará na liña das medianas e das rotondas das avenidas fluviais e litorais da cidade dende a praia fluvial. Empregaranse especies con importantes características de rusticidade dado que se trata dun espazo con moi pouco subsolo e moi soleado, polo que se optan por especies de floración estacional facendo composicións de cor e formas. Para iso optouse por plantas como lantanas, agapantos, phormium…

A rotonda de Galera é o último espazo das avenidas de beiramar que falta por axardinar. Con esta actuación que están a executar as brigadas municipais, complétase a actuación de restauración ambiental da beira do río realizada nos últimos tempos.