RESOLUCIÓN DO 03/10/2012 DE CONVOCATORIA PARA O LEVANTAMENTO DAS ACTAS DE PAGAMENTO E OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLO PROCEDEMENTO DE EXPROPIACIÓN FORZOSA POR TAXACIÓN CONXUNTA DOS TERREOS INCLUÍDOS NO ÁMBITO DA UNIDADE DE ACTUACIÓN Nº 24 DO PXOU DE PONTEVEDRA, ENTRE AS RÚAS FRANCISCO TOMÁS Y VALIENTE, CONDE DE BUGALLAL E RÚA DE NOVA APERTURA, EN EXECUCIÓN DO PERI DA UA 24 E DAS ESTIPULACIÓNS DO CONVENIO ASINADO COA XUNTA DE GALICIA EN DATA 10/05/2010, PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL NA ZONA DA PARDA.

43

 

O Concelleiro de Goberno responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, por delegación do Excmo. Alcalde de data de 13 de xuño de 2011, ditou, o 03 de outubro de 2012, resolución coa seguinte parte dispositiva:

Primeiro.- Convocar e citar aos titulares dos bens e dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa por taxación conxunta dos terreos incluídos no ámbito da unidade de actuación número 24 do PXOU de Pontevedra, entre as rúas Francisco Tomás y Valiente, conde de Bugallal e rúa de nova apertura, en execución do PERI da UA 24 e das estipulacións do convenio de colaboración asinado coa Xunta de Galicia en data 10/05/2010, para a construción dun novo edificio xudicial na zona da Parda, para proceder ao levantamento das actas de pagamento e ocupación.

O levantamento das actas de pagamento dos seus predios efectuarase na sala de Comisións da Casa Consistorial do Excmo. Concello de Pontevedra, situada no terceiro andar da rúa Michelena nº 30, en Pontevedra, no día e na hora que se fixa no seguinte cadro:

 

FINCA

TITULARIDADE

DÍA

HORA

REFERENCIA CATASTRAL

4 (Porción)

Rafael Córdoba Piñeiro e Dolores Muíños García

17/10/12

09:30

0272418NG3907S

5

María de las Mercedes Otero Rodríguez, Fernando Cuñarro Pintos, María Eva Outón Veloso e Sindo Javier Cuñarro Pintos

17/10/12

09:50

0272419NG3907S

6 (Porción)

Mercedes Martínez Domínguez

17/10/12

10:10

0272421NG3907S

7

José Luis Pedrouso Vidal

17/10/12

10:30

0272423NG3907S

8

Descoñecida (Ministerio Fiscal)

17/10/12

10:50

0272424NG3907S

16 (Porción)

Litixiosa entre Claudina Portas Arís e Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Ministerio fiscal)

17/10/12

11:30

0272453NG3907S

9

Carmen Piñeiro Durán, Concepción Piñeiro Durán, Cándida Piñeiro Durán e Manuel Piñeiro Durán

17/10/12

11:10

0272425NG3907S

11 (Porción)

Juan Manuel Estévez Otero e Pilar Freijeiro Muñiz

17/10/12

11:50

0272427NG3907S

12 (Porción)

Juan Manuel Estévez Otero e Pilar Freijeiro Muñiz

17/10/12

12:10

0272427NG3907S

13 (Porción)

Os Regos Promociones SL

17/10/12

12:30

0272429NG3907S

14 (Porción)

Mercedes Tomé Loureiro e Marina Tomé Loureiro

17/10/12

12:50

0272430NG3907S

10 (Porción)

Construcuatro SA

17/10/12

13:10

0272426NG3907S

 

Así mesmo, o levantamento das actas de ocupación terá lugar na mesma data e hora, de seguido ou a continuación da correspondente acta de pagamento, agás que o prezo xusto tivera que ser consignado. Neste suposto levantarase a acta de pagamento o día 19 de outubro ás 12:30 horas.

O pagamento verificarase mediante talón nominativo ao expropiado/a e, en todo caso, nos termos do artigo 48.2 da LEF.

Segundo.- Faise expresa constancia de que o pagamento do prezo xusto só se fará efectivo, consignándose en caso contrario, segundo a normativa de expropiación forzosa e de xestión urbanística, aos interesados que acrediten en legal forma a súa titularidade, polo que a este acto deberán acudir na data, hora e lugar indicados os titulares dos bens e dereitos afectados por sí ou por medio de representante debidamente apoderado para actuar no seu nome, e a tal afecto achegará certificación rexistral ao seu favor na que conste que se estendeu a nota do artigo 32 do Regulamento Hipotecario, ou no seu defecto, os títulos xustificativos da súa propiedade ou os dereitos completados con certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ás mesmas fincas descritas nos títulos. Se existiran cargas deberán comparecer os titulares das mesmas. Por conseguinte, os interesados ou os seus representantes deberán identificarse mediante o documento nacional de identidade e achegar unha copia dos títulos orixinais e unha copia do último recibo do Importo de Bens Inmobles para entregar no intre da acta de pagamento, pudendo asistir acompañados, se o consideran oportuno e pola súa conta, dos seus peritos ou de notario.

Sinálase así mesmo que se o expropiado non quixese aceptar o prezo xusto, non achegase títulos suficientes xustificativos do dominio ou existise contenda respecto á titularidade dos bens e dereitos expropiados ou, en xeral, se concorrera algún dos supostos do artigo 51 da Lei de Expropiación Forzosa, esta Administración Municipal consignará o importe da mesma na Caixa Xeral de Depósitos, consonte ao artigo 206.2 do Regulamento de Xestión Urbanística.

Terceiro.- Notifíquese esta resolución a todos os titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente expropiatorio e publíquese no Boletín Oficial da Provincia, taboleiro de editos do Concello e na páxina web https://www.pontevedra.eu/.

A publicación desta resolución no BOP serviralles de notificación aos propietarios descoñecidos, dos cales se ignore o seu enderezo, ou tentada a notificación esta non se puidese practicar, consonte ao art. 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Así o dispón e ordena, en Pontevedra, a 3 de outubro do 2012, o Sr. Concelleiro de Goberno Responsable da Área de Facenda e Medio Ambiente, por delegación do Excmo. Alcalde de data de 13 de xuño de 2011, perante o Secretario da Administración Municipal do Concello de Pontevedra, quen dá fe da presente resolución.

 

 

O CONCELLEIRO RESPONSABLE DA ÁREA DE FACENDA E MEDIO AMBIENTE

 

 

O SECRETARIO DA ADMINISTRACIÓN MUNICIPAL

Asdo: Raimundo González Carballo

José Carlos Castiñeira Piñeiro