Mercado transparente e mercado do troco

74

Lugar: Praza de Ourense

Hora: de 11 a 14 h.

 

Amarante Pontevedra segue co empeño de informar á xente que "outra forma de consumo é posible", e por iso celebrará un Mercado Transparente, das 11h ás 14 h. na Praza de Ourense (ao lado da Peregrina).

 

Tamén se celebrará ó mesmo tempo un Mercado do Troco, para que poidas “conseguir aquilo que precises a cambio do que xa non usas”. Hai que lembrarse de levar algo para cambiar por outra cousa que poida interesar (libros, roupa, xoguetes… etc), xa que nesta actividade non se usa o diñeiro como material de intercambio, se non que se entrega un ben, que xa non se use e que sexa todavía perfectamente útil para outra persoa, a cambio de outro que se precise.

 

Coma sempre, Amarantge-Setem conta coa colaboración do Grupo de Consumo Responsable de Pontevedra "A Gradicela" e o  Sindicato Labrego Galego (SLG), que darán información sobre as características de este tipo de consumo, ético e consciente, e as diferentes alternativas ás que podemos acceder como consumidoras e consumidores responsables, vendendo produtos frescos e envasados galegos, que teñen as mesmas características de respecto ó medio ambiente é á dignidade das persoas que os produtos de Comercio Xusto de Amarante.

 

"Mercado Transparente" é aquel mercado en que todas as persoas que interveñen nel (produtoras, intermedarias e compradoras) teñen a máxima información sobre as condicións do mesmo, e esa información é igual e veraz para todas”.