A hora do conto: “Maquinando Contos”

94

Lugar: Pazo da Cultura

Horario: os sábados de 12 a 13:30 h.

Obradoiro para nenos e nenas a partir dos 4 anos. O tema co que se traballará nesta nova edición de 'A hora do conto', estará relacionado coa temática do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que no 2013 levará por título 'A toda máquina'.

O proxecto de animación a lectura A hora do conto vén da man de Pavís Pavós, con narradores como Tereixa Alonso, Xacobe Rodríguez e outros colaboradores.

Esta actividade farase en galego, apoiándose na mitoloxía, nas cantigas populares e noutras temáticas como o Samaín, o Nadal, o Magosto, o Entroido…

Máis información no teléfono 986 833061. Organiza: Concello de Pontevedra, Concellaría de Cultura. Coordina: Pavís Pavós

 

Ver documento PDF