O Concello avanza na reordenación de espazos da cidade

61

O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera anunciou onte que o seu departamento encabeza un plan de análise do Goberno Local para avanzar nos aspectos de reordenación dos funcionamentos da cidade. É un estudo moi avanzado e pendente de pechar as condicionantes económicas, que permitirá redefinir espazos de estacionamentos específicos para os centros escolares co fin de mellorar a seguranza viaria en determinados centros de ensino e a determinadas horas; ou redefinir os espazos de estacionamento de 15 minutos máximo, que segundo as zonas poderá pasar a 30 ou incluso 60 minutos.

Estes foron algúns dos explemplo que desvelou onte o concelleiro de Infraestrutras, nun plan moito máis amplo que permitirá repensar a mobilidade da cidade, tendo presente o Plan de Mobilidade como punto de partida.