Visita da Câmara Municipal de Aveiro a Pontevedra

51

O Concello de Pontevedra recibe mañá a visita da Câmara municipal de Aveiro co seu presidente ao fronte, Élio Maia, que visita a nosa cidade xunto aos presidentes das freguesías e técnicos municipais para coñecer o modelo de cidade de Pontevedra, especialmente no ámbito da accesibilidade e seguranza viaria. O concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera explicou que esta visita está enmarcada dentro dos programas europeos de intercambio de experiencias europeas exitosas neste eido.

Segundo César Mosquera, "esta é unha boa noticia, que o traballo feito sexa un exemplo".

O programa da visita da comitiva portuguesa é a seguinte:

  • Chegada ás 11.00 horas.
  • 11.00 horas. Reunión de traballo na Casa das Campás cos técnicos municipais e o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera.
  • 12.30 horas. Recepción oficial do presidente da Câmara e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
  • Visita vespertina á cidade.

A delegación pasará a noite aquí, nun hotel da cidade.