Aveiro visita Pontevedra

62

O Concello de Pontevedra recibiu onte a visita da Câmara de Aveiro, que estivo representada polo seu vicepresidente, os presidentes de cada unha das 14 freguesías da Câmara e varios técnicos municipais. Mentres os técnicos mantiñan un encontro coa Oficina técnica do Concello, co concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, ao fronte, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mantiña un encontro co vicepresidente de Aveiro, Carlos Silva Santos, e os presidentes das freguesías.

O vicepresidente de Aveiro explicou ao alcalde que "se trata dunha viaxe de traballo para aprender de quen traballa ben". Explicou que Pontevedra é a capital da seguridade viaria e da mobilidade, "cun traballo feito moi importante". "En Aveiro temos un tráfico moi agresivo e tratamos de reducir a intervención do tráfico no centro da cidade", explicou Carlos Silva Santos.

O alcalde de Pontevedra foi convidado a visitar Aveiro "porque é moi importante o apoio e as integracións entre os distintos alcaldes".