Conmemoración dos dereiros do neno/a por parte do Concello de Pontevedra

81

Lugar: Teatro Principal

Hora: 17 h.

 

· Ás 17 h. Entrega dos premios do concurso “O Soño da Bolboreta”. Concurso de debuxos e relatos organizado pola Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra e a Fundación Meniños, onde participaron os nenos e nenas dos colexios do concello, reflexionando sobre o dereito á educación.

 

· Ás 18 h. (duración 45-50 minutos) Contacontos  “Antía, Wamba e o regato pequeno”  da compañía A Tropa de Trapo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Antía, Wamba e o regato pequeno está dirixida a público infantil e familiar, e conta a historia de dúas personaxes, Antía, unha nena galega, e Wamba un mozo do Congo que se busca a vida vendendo de todo na rúa. Os contos de Wamba e as merendas de Antía fundiranse nunha amizade que lle ensinará a Antía que compartir non é dar o que che sobra e que, como din na tribo de Wamba, o río énchese con regatos pequenos. …E así, cargados de historias, percorrerase a xeografía galega enteira (…que non é pouco!). Tamén por Extremadura, Andalucía e Cataluña, facendo soñar e reflexionar aos nenos, nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto.