Días Rariños Fest pt. 2: Candelilla + O.M. Redux

73

Lugar: Liceo Mutante

Hora: 21 h.

Entrada: 4 €

 

Segundo día da primeira edición do Días Rariños Fest… no Liceo Mutante (Rosalía de Castro, 100).

 

Recén chegadas de gravar o seu novo disco co celebérrimo Steve Albini, a banda formada integramente por mulleres Candelilla ven presentar as súas últimas e brillantes creacións en directo. As de Munich facturan unha música nutrida dun post-punk tipo Sonic Youth ben mollado dunha rabia cruda con máis dun pé no riot grrrrl.

 

O.M. Redux é a miniaturización da Orquesta Metamovida, improvisación conducida neste caso co desafío de reducir drasticamente o seu número de compoñentes.