Días Rariños Fest pt.1: Staer + Dios Pentágono

75

Lugar: Liceo Mutante

Hora: 21 h.

Entrada: 4 €

 

Primeira parada no Días Rariños Fest… no Liceo Mutante (Rosalía de Castro, 100).

 

Dende Stavanger (Noruega) chega a arriscada proposta de STAER, con excompoñentes de MoHa!, Ultralyd ou Noxagt e unha sorte de variación máis pesada destes últimos, varias xiras europeas as súas costas con bandas coma Zu ou Child Abuse e uns directos aplastantes aválanlles.

 

Estarán acompañados da formación local Dios Pentágono, que cunha formación cambiante viaxan a través do terreno da improvisación libre nun contexto de rock experimental.