O Concello resolve os problemas de augas pluviais na rúa Altamira

75

O concelleiro de Medio Ambiente, Raimundo González Carballo visita esta tarde a rúa Altamira, no barrio de San Antoniño, para informar aos presidentes das comunidades de veciños da rúa das obras de canalización de pluviais do barrio.Trátase dun problema importante para os veciños do lugar, dado que as súas vivendas atópanse por debaixo da rasante da rúa.

Raimundo González mantivo nas pasadas semanas reunións con todos os presidentes das comunidades de veciños para coñecer a problemática e informarlles das solucións municipais.

Logo destes encontros, o Concello comezará de inmediato os traballos, adxudicados á empresa Aquagest por un valor de 6.500 euros, que consistirán na execución dunha canalización baixo a rasante da rúa que recollerá as augas da choiva.