Parques e Xardíns proxectan un xardín típico galego na entrada á Alameda pola praza de España

63

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto de mellora do xardín da praza de España, e tamén de actuacións ambientais nos Xardíns de Vicenti, na avenida de Montero Ríos ou na Alameda. O custe destas intervencións teñen un orzamento de licitación de 150.000 euros.

Na praza de España está previsto a instalación de rego automático o que implicará o soterramento de tubarías e instalación de aspersores.

No tocante á xardinería, está previsto a plantación de novas árbores como dúas camelias japónicas e catro magnolias soulangeana, especies actuais e recuperando outras especies que existiron antano e que dotan á praza dun gran valor vexetativo e cultural. Tamén está previsto introducir novas especies arbustivas seguindo un planteamento de xardín tipicamente galego no que están asociadas especies como Buxus sempervirens, Euonymus fortunei, Spirea japonica a Rosa ou os Phlox. Como fondo para este novo xardín, plantarase un céspede de primeira calidade.

Para evitar a constante invasión do xardín por parte dos viandantes, que atallan polo xardín e provoca o seu deterioro, instalarase un bordo de pedra granítica de tal xeito que dificulte o tránsito peonil polo xardín.

Finalmente tamén se procederá a mellora dos paseos de xabre, resituaranse as balizas para conseguir a aliñación correcta ao respecto das escaleiras da Alameda, e colocarase un sistema de drenaxe de augas pluviais para facilitar a evacuación da auga nos días de choiva evitando empozamentos.

No parque da Alameda e no entorno da avenida de Montero Ríos, está previsto unha mellora das especies arboreas e arbustivas con traballos de saneamento e mantemento das especies vexetais nobres que se atopan neste contorno.

Nos Xardíns de Vincenti, está previsto a automatización do rego.