Programa formativo

78

Organiza: Deputación Provincial de Pontevedra

 

Os obradoiros temáticos gratuítos “Vender máis Nadal”, compostos por sesións eminentemente prácticas, desenvolveranse na nova aula-taller de formación que a Deputación de Pontevedra vén de habilitar no 2º andar do Edificio Administrativo. Un espazo inspirado nun escenario de vendas real.

 

· “Renova o teu comercio Low Cost”, 28 e 29 de outubro. Programa de formación consultivo, creativo e 100% práctico dirixido ós pequenos comerciantes que queiran mellorar o atractivo comercial do seu negocio cun baixo investimento. Máximo 12 alumnos.

 

· “Espazos que venden”, 4 e 5 de novembro. Obradoiro práctico de escaparatismo e paquetería de Nadal centrado no traballo da animación comercial estacional como elemento estratéxico e clave dinamizadora das vendas. Máximo 15 alumnos.

 

· “O teu comercio en Nadal”, 11 e 12 de novembro. Obradoiros prácticos de escaparatismo, decoración e paquetería de Nadal, cos que os comerciantes aprenderán a crear decorados capaces de atraer de xeito eficaz a atención dos clientes co obxectivo de incrementar as súas vendas. Máximo 15 alumnos.

 

· “O teu comercio en Nadal”, 18 e 19 de novembro. Máximo 15 alumnos.

 

· “O teu comercio en Nadal”, 25 e 26 de novembro. Máximo 15 alumnos.

 

A institución provincial pon en marcha os obradoiros temáticos “Vender máis Nadal”, unha formación práctica e específica, deseñada para os pequenos comerciantes coa que se busca impulsar e dinamizar o noso comercio tradicional. De carácter gratuíto e impartidos en formato intensivo de fin de semana buscando a maior compatibilidade coa xornada laboral comercial.

 

Os grupos serán reducidos debido á materia concreta que se vai tratar e ás esixencias de asistencia personalizada ós alumnos por parte dos docentes. Cada alumno poderá traballar o seu caso persoal coa axuda dos docentes nun contorno real de traballo.

 

Os alumnos deben levar ós obradoiros unha bata de traballo e fotografías recentes en formato dixital de: fachada, escaparate, paredes e interior do seu comercio, de día e de noite.

 

A Deputación de Pontevedra cubrirá os custos do material preciso para desenvolver as propostas creativas (papelería, paquetería, ferramentas, pinturas, lazos…).

 

Características específicas para o seminario “Renova o teu comercio Low Cost”: Os participantes deben levar un plano completo da planta do seu comercio coas medidas (pode ser un plano debuxado á man).

 

Aconséllase achegar a máxima información visual posible do aspecto do seu comercio (un plano da fachada, do escaparate e das paredes), as medidas do espazo e do mobiliario actual. Esta información axudará a conseguir un maior detalle nas propostas e formulacións que os docentes fagan para o establecemento e contribuirán moi positivamente ó aproveitamento do seminario.

 

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación de Pontevedra:

· Pazo provincial: avda. Montero Ríos, s/n (luns a venres de 8:30 a 14:30 h e de 17 a 19 h; e sábado de 9:00 a 13:00 h).

· Sede Vigo: r/ Oporto, 3 (luns a venres de 9 a 13 h).

 

+info. e ficha de solicitude no documento adxunto:

Ver documento PDF