CORTE NA RÚA ESTRADA ENTRE OS DÍAS 23, 24 E 25 DE OUTUBRO

84


O Concello autorizou á empresa Sercoysa a ampliar o peche da rúa Estrada (entre Rodríguez Seoane e San Amaro), para rematar os traballos de reparación da rede de servizos da rúa. O peche volverá a realizarse mañá, martes, 23 de outubro, a partir das 10.00 horas, logo da entrada aos centros escolares, e concluirá a última hora do xoves.

Os traballos consisten na reparación de varios defectos detectados nas obras de reurbanización da rúa Estrada. Mentres duren estes traballos, se desviará o tráfico da zona cara a rúa Rafael Dieste, Pintor Laxeiro e Xoán Carlos I (no caso de dirixirse á parte leste da cidade).