VI Xornadas de Comunicación e Deporte

48

Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Hora: de 11 a 14 h.

 

Os contidos das “VI Xornadas de Comunicación e Deporte” centraranse na imaxe dos deportistas como soporte de comunicación, polo que participarán especialistas en dereitos de imaxe, profesionais que proceden de axencias de publicidade e comunicación e tamén de organizacións que traballan de intermediarios entre deportistas e marcas.

 

Estas xornadas, baixo o lema “O papel do deportista como marca” e coordinadas pola profesora Ana Belén Fernández Souto, desenvolveranse os días 29 e 30 de outubro, en horario de 11 a 14 h. no salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

 

O luns, 29 de outubro, iniciaranse ás 11 h.,  coa conferencia “O papel do deportista como soporte de marca”, a cargo de Sandra Femenia Almeric, profesora da universidade Ceu San Pablo de Valencia. A continuación, o consultor estratéxico de personal branding, Pablo Adán Micó, falará sobre “Marca Persoal para competir e gañar”; para finalizar cun coloquio entre os asistentes.

 

O martes, 30 de outubro, a primeira conferencia será de Diego Rodríguez, avogado especialista en temas deportivos, sobre “A defensa do deportista: dereitos de imaxe, representantes, axentes e marcas” e a segunda, de Borja Puig delegado de Bassat Ogilvy, titulada “Comunicación. O desafio Cruzcampo”. A continuación terá lugar un coloquio e a clausura das xornadas.