O CEIP San Martiño acolle a exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!”

41

Froito da colaboración entre o Concello de Pontevedra e a Fundación Manuel María, a Concellaría de Normalización Lingüística dispón, ata o Nadal, da exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía.”

Nela faise unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, adiantando a celebración do 125 aniversario da publicación de Cantares gallegos.

O primeiro centro no que se exporá é o CEIP San Martiño de Salcedo dende o 22 até o 31 de outubro.

Todos aqueles centros de ensino interesados en dipoñer temporalmente desta exposición, poden solicitala no:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra