Pagadas as expropiacións para o edificio xudicial da Parda

81

O Concello de Pontevedra pagou onte a práctica totalidade das expropiacións do futuro edificio xudicial da Parda, nun acto celebrado no propio Concello e ao que asistiron os propietarios das 12 parcelas expropiadas neste acto (agás dúas persoas de idade moi avanzada, ás que os técnicos municipais atenderon a súa propia vivenda).

A totalidade da parcela expropiada é de 6.651 metros cadrados, na que tamén se inclúen unha parcela de titularidade do Ministerio de Fomento que será cedida ao Concello, e dúas parcelas municipais. o importe total da expropiación ascendeu a 1.321.178,02 euros.

Todos os propietarios das parcelas percibiron onte os cheques salvo dous casos nos que non está suficientemente recoñecida a titularidade e outra por un litixio entre os supostos propietarios, polo que a cantidade será ingresda na Caixa de depósitos o venres, e dende ese momento o Concello pode ocupar as parcelas.