Corte na rúa Estrada entre mañá e o xoves

38

O Concello autorizou á empresa Sercoysa a ampliar o peche da rúa Estrada (entre Rodríguez Seoane e San Amaro), para rematar os traballos de reparación da rede de servizos da rúa. O peche volverá a realizarse mañá, martes, 23 de outubro, a partir das 10.00 horas, logo da entrada aos centros escolares, e concluirá a última hora do xoves, segundo as previsións da Policía Local.

Os traballos consisten na reparación de varios defectos detectados nas obras de reurbanización da rúa Estrada; en concreto, na reparación da canalización da rede de servizos. O Concello púxose en contacto coa empresa adxudicataria destes traballos –Sercoysa- para que reparase estas deficiencias. Debido á certa dificultade técnica, a empresa solicitou a ampliación do peche da rúa en tres días máis.

Mentres duren estes traballos, a Policía Local desviará o tráfico da zona cara a rúa Rafael Dieste, Pintor Laxeiro e Xoán Carlos I (no caso de dirixirse á parte leste da cidade).

A Policía Local autorizará o paso a residentes.