Pisando Forte inicia o seu segundo curso de formación con poucas vacantes no resto da programación

61

A Concellaría de Xuventude inicia mañá o segundo dos cursos da programación Pisando Forte. É Pecha Kucha presentación dixital de proxectos, ideas e discursos que se impartirá na Casa Azul entre as 17 e as 20.00 horas.

A programación de Pisando Forte leva moi bo ritmo de inscrición, pero aínda quedan vacantes nalgúns dos cursos ofertados. Están completos:

• Manipulador de alimentos (tres cursos de 60 participantes cada un deles. Todos completos).
• Facturación e control de almacén: (18 prazas e completo)
• Comercio3.0 (18 prazas e completo)

Aínda quedan vacantes en:

• curso de Oratoria (6 vacantes)
• Monitor de tempo libre (14)
• Agricultura ecolóxica (9)
• Obradoiro de cooperativismo (4)
• Proxecto emprende (19).

O obradoiro de asociacionismo xa se realizou o pasado luns coa asistencia de 11 persoas.

En todas as actividades existe listaxe de reserva para aqueles cursos que non cumpren os requisitos prioritarios, ben por superada a idade de 35 anos ou por non residir no concello, ou estar en activo.

A Concellaría tamén oferta varios obradoiros do Centro Quérote sobre as redes sociais para mozos de 13 a 18 anos; en parella; e a arte de seducción para idades entre 18 e 30 anos.