Retómanse as visitas guiadas ao xardín botánico da finca de Montero Ríos

41

 A Concellaría de Parques e Xardíns retoma este domingo as visitas guiadas o xardín botánico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. A Concellaría dirixida por Anxos Riveiro, programa para este outono dúas visitas á finca de Montero Ríos: o 28 de outubro e o 4 de novembro.

As visitas serán realizadas por Jaime Blanco Dios, e ao longo do percorrido poderá visitarse o arboredo de Lourizán creado en 1949 como un centro de investigación pero tamén cun carácter didáctico e recreativo. Nas 36 hectáreas que ocupa o Xardín Botánico poderán verse algunhas das árbores máis sobresaíntes da finca como buxos de máis de 200 anos, araucarias, sequoias, cedros…

As persoas interesadas poderán inscribirse dende hoxe no número 986 85 22 71 ou no correo electrónico inscricions@pontevedra.eu A concellaría oferta 50 prazas para cada unha das visitas. O punto de encontro será o aparcamento da finca de Lourizán.