A exposición pública o desdobramento da avenida de Vigo

85

O Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) publica hoxe a aprobación inicial do proxedo de desdobramento da avenida de Vigo, polo que todas as persoas interesadas terán un prazo de 20 días hábiles para presentar as alegacións oportunas. Segundo a estima o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera a mediados de novembro estarase en condicións de contestar as alegacións oportunas e elevar a definitivo o proxecto.

A continuación iniciarase o proceso de expropiación que poderá comezar a final de ano para continuar coa licitación do proxecto. Non se pode adxudicar até rematar coas expropiacións.

Ao tempo, o concelleiro anunciou que o Concello está pendente da sinatura da addenda para a construción deste novo viario, que se formalizará, posiblemente, cunha visita da ministra de Fomento, Ana Pastor ao Concello de Pontevedra.

Paralelamente, o Concello de Pontevedra continúa as xestións para facer o acceso directo á estación de autobuses "o que fará unha mobilidade francamente boa", segundo o concelleiro. Explicou Mosquera que o conselleiro de Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández era partidario de incluir a construción deste segundo ramal nas obras de mellora do desdobramento da avenida de Vigo.

César Mosquera aclarou que o Concello non ten previsto construír este acceso directo, agás que as empresas o asuman dentro das melloras das obra.