Rexeitada a alegación contra a produtividade

53

A Comisión de Economía e Facenda rexeito esta mañá o recurso presentado por un particular á modificación de crédito na que se inclúe un orzamento de 760.0000 euros para o pago do complemento de produtividade para a plantilla de traballadores municipais. Segundo explicou o concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González inadmitiuse o recurso por non axustarse aos criterios tasados na lexislación vixente, e elevouse a definitivo o expediente.

O punto foi aprobado cos votos a favor dos grupos do BNG e do PSOE, e a abstención do PP.

O concelleiro de Economía, Raimundo González criticou a doble moral do Partido Popular que se abstén neste punto do pago da produtividade aos funcionarios municipais, pero tendo o Goberno no Concello de Cangas, habilita unha partida para o pago dunha produtividade lineal e bruta de 700 euros por traballador pública.