Sinatura dos contratos de crédito por 3,4 millóns

92

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá dous contratos de préstemos públicos coas entidades Caixabank e BBVA por un montante total de 3.450.000 euros. Segundo o alcalde, a media destes dous créditos do Concello é de 4,42 (euribor incluído) "unha cifra sensiblemente inferior aos créditos cos que está a operar o Estado coa débeda púbica".

Segundo o alcalde "se consideramos que a prima de risco valora a solvencia dunha administración, a conclusión é que o Concello de Pontevedra é moi solvente, dado que a súa prima de risco é moi inferior á do Estado". Asegurou Fernández Lores que "poucos concellos poden acceder a crédito, e moitos deles quedan desertos. No caso de Pontevedra, o Concello é solvente e ten capacidade para facer estes investimentos".