Mellora da accesibilidade e seguridade viaria na avenida de Lugo

62

 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de mellora da accesibilidade e seguranza viaria na avenida de Lugo, entre a rotonda de Xoán Carlos I e o acceso ao colexio de Vilaverde. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González nesta zona existe un problema real de falta de beirarrúas en todo este ámbito. De feito, as persoas que transitan a pé teñen necesidade de entrar dentro da estación de servizo.

As beirarrúas tamén permitirán mellorar o acceso e a seguridade viaria ao centro de ensino de Vilaverde, un dos de máis alumnado do concello.

O orzamento deste proxecto ascende a 75.969 euros.