A noite dos Calacús 2012

50

Lugar: Praza da Verdura

Hora: a partir das 18 h.

 

A Noite dos Calacús volve á cidade para decorar fiestas e ventanas coas caras e outro tipo de imaxes que os nenos fagan nos obradoiros que propón a Concellaría de Festas, que dirixe Carme da Silva, para a tarde do mércores, 31 de outubro, a partir das 18.00 horas. A praza da Verdura será o lugar de encontro no que pequenos –e non tan pequenos- poderán decorar as súas cabazas, unha tradición con moito arraigame na Galiza coa chegada do solstizo de inverno.

 

Acompañados de música que animará a festa, os obradoiros buscan recuperar esta tradición galega que tiña unha grande importancia para a Galiza agraria dado que supoñía a fin da tempada de colleitas e o comezo da “estación escura” co solsticio de inverno. Era costume celebrar esta festa na véspera do Día de todos os Santos.

 

A Concellaría convida a todos os pontevedreses a achegarse até a praza da Verdura, na tarde do mércores, a partir das 18.00 horas para aprender a vaciar calacús, decoralos e colocarlles un cirio no interior para iluminar esta longa noite. Quen o desexe poderá deixar os seus traballos polas fiestras e portas decorando o centro histórico da cidade, quen non, poderá levalo para casa.